CERRAR

Excursión de 5º EP a A Coruña

Despois do gran tempo que tivemos nas festas do cole, Don Bosco axudounos cun estupendo día soleado para ir de visita á cidade herculina. O alumnado de 6º de Primaria visitou, pola mañá, a Domus, aprendendo grazas ás distintas actividades interactivas relacionadas co ser humano. Despois xantamos, xunto aos nosos compañeiros/as de 4º, no monte de San Pedro. Pola tarde camiñamos ata o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), onde puidemos desfrutar das exposicións dos inventos máis importantes e fomos inda máis conscientes da importancia da Ciencia para mellorar as nosas vidas. Antes de volver cara a Ourense, merendamos, como vén sendo costume, no parque da Torre de Hércules. Foi un día espectacular e portámonos moi, moi ben. Os mestres están moi orgullosos de nós.

05/02/2025

Site Login




Lost your password?

(close)