Expo Aves de Galicia (CEIDA)
Por sexto ano consecutivo levouse a cabo en Salesianos unha exposición do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). A temática solicitada nesta edición foron as aves de Galicia.
Preto de mil alumnos de todos os niveis, acompañados polos seus titores e outros docentes, tiveron a oportunidade de visitar a exposición. Catorce paneis compoñían a mesma, na que o alumnado participou de xeito dinámico buscando respostas a un cuestionario sobre contidos relacionados co exposto. O alumnado de 5º e 6º de Primaria, así como toda a ESO, fixérono utilizando o chromebook, realizando un documento dixital compartido polos profesores correspondentes. Os demais contaban con copias en papel sobre as que traballar os contidos da exposición. Unha actividade curiosa, bonita e didáctica.