
Infantil canta panxoliñas na rúa
Como manda a tradición… as panxoliñas enchen a porta do colexio de ilusión. Os nenos e nenas de Infantil saíron, un ano máis, a cantar as súas panxoliñas na entrada do colexio. Con voces cheas de emoción, sorrisos e moita ilusión, fixéronnos sentir que o Nadal xa está aquí.
Un momento moi especial que cada ano nos enche de ledicia e que compartimos con familias e veciños. Grazas aos nosos pequenos artistas por este agasallo sonoro.
