Maios 2021
«Por estas datas / manda a tradición / a encher as aulas / de maios e cancións».
Os nenos e nenas de 4º de Infantil fixeron un bonito maio. É froito da colaboración e dedicación de familias, nenos e profesoras, cada un na súa medida. As familias aportaron os elementos que conforman o maio e as profesoras guiaron o proceso, no que interviron os rapaciños con moito entusiasmo, posando orgullosos do resultado.
O domingo 2 expúsose na praza Don Bosco, nas inmediacións da ponte romana, xunto ao maio de Amencer.
Parabéns polo resultado e ilusións postos… nótase.