CERRAR

Nota informativa tramitación LOMLOE

Como afectados por un proxecto de lei, a LOMLOE, que se pretende aprobar sen consenso e aproveitando estes tempos de crise sanitaria, cremos que é importante ter un coñecemento máis profundo dos aspectos nos que incide. Escolas Católicas púxose en contacto con Jesús Muñoz de Priego, avogado, e portavoz e coordinador de «enLibertad», iniciativa para a liberdade de ensino. Explícanos de forma sinxela os límites que este proxecto de lei impón ás libertades dos cidadáns, para iso enviámosvos as ligazóns a tres vídeos nos que en menos de 5 minutos presenta cada un dos apartados nunha análise do proxecto de LOMLOE e a liberdade de ensino (1 de 3), (2 de 3) e (3 de 3). Achegámosvos tamén para o voso coñecemento dous documentos nos que analiza as emendas presentadas polo grupo parlamentario UNIDAS PODEMOS – EN COMÚ PODEM – GALICIA EN COMÚN e por otra banda polo grupo parlamentario de goberno PSOE-UNIDAS PODEMOS a este proxecto. Na páxina enLibertad atoparedes toda esta información e moita máis sobre a defensa da liberdade de educación.

É momento de poñer en valor a escola concertada, a Constitución ampáranos e concreta o dereito á educación por tres vías: o dereito para crear institucións educativas, o dereito dos pais para elixir o centro e a formación relixiosa e moral que desexan para os seus fillos, e o dereito de quen leva a cabo persoalmente a función de ensinar a desenvolvela con liberdade.

En España o 29% dos alumnos estudan en aulas concertadas, é dicir máis de un millón e medio de nenos e nenas. Desta forma garántese que todas as familias poidan elixir en liberdade o tipo de educación que queren para seus fillos, como é caso das nosas familias, independentemente da súa condición económica, cumprindo así un labor social. Só poderemos defendela se coñecemos en profundidade o que se pretende, polo que vos convidamos a que coñezades e compartades esta información.

23/10/2020

Site Login




Lost your password?

(close)