CERRAR

Plantas exóticas e invasoras

O alumnado de 1º Bac. participaron na segunda Xornada ConCiencia deste curso, coa ponencia do Doutor Luis González Rodríguez, do Departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade de Vigo. O título foi “As plantas exóticas invasoras: un problema sen control”. O O poñente, que falou do seu traballo de investigación, destacou as implicacións económicas do tratamento das plantas exóticas invasoras, amosando uns números que non deixaron indiferente a ningún dos asistentes. A continuación un grupo saiu para dar un paseo pola beira sur do Miño e facer unha aproximación á vexetacion da contorna. Destaca a presenza de varias especies de plantas exóticas invasoras (Acacia dealbata, Ailanthus altissima… e outras) e tamén de moitas autóctonas (sobre todo de bosque de ribeira), algunhas delas moi singulares, como é o caso do teixo, Taxus baccata.

12/04/2021

Site Login




Lost your password?

(close)