
Premios concurso Lettering 2025
Durante todo o curso, desde a materia de Arts and Crafts, seguimos mergullándonos no apaixonante mundo do Lettering ou Caligrafía Creativa. A través de múltiples actividades, fomos aprendendo técnicas, explorando estilos e, sobre todo, desenvolvendo a nosa creatividade.
O máis bonito? Que o noso alumnado xa incorpora esta arte aos seus cadernos doutras materias, facendo que a aprendizaxe diaria sexa máis visual, atractiva e motivadora.
Celebramos a 5ª edición do Concurso de Lettering de María Auxiliadora, unha actividade moi esperada por todos e todas. Durante as festas do colexio entregamos os premios ao alumnado gañador: un diploma, un bloc de debuxo e tres rotuladores especiais para seguir practicando esta arte.
Agora que chega o verán… animámosvos a seguir practicando, xa sexa co lettering ou con calquera outra expresión artística. Porque a arte é unha marabillosa forma de ser un mesmo/a.
Sodes uns artistas! O curso que vén… máis e mellor!






