Reciclando aceite doméstico
Varios profesores de ESO-BAC do Seminario de Ciencias Experimentais de Salesianos presentaron ao alumnado de 5º de Primaria e 1º de ESO a campaña RECICLA O ACEITE USADO DOMÉSTICO, organizada polo Concello de Ourense (Medio Ambiente, Perímetro Rural e Cooperación Institucional). Mentres realizaban a presentación nunha das aulas, as outras o seguiron en streaming. A iniciativa ten como obxectivo sensibilizar e concienciar sobre a necesidade de recoller o material de refugallo de xeito selectivo, incidindo especialmente na separación e recollida do aceite usado doméstico, para facilitar a súa posterior reciclaxe. Non está de máis lembrar que 1 litro de aceite usado contamina 1.000 litros de auga.
O alumnado das tres aulas de 5º visitou a cociña do centro, onde se distribuíu aceite usado entre os presentes e se responderon as dúbidas plantexadas sobre a reciclaxe deste elemento.
Ao remate da actividade o alumnado levou cadanseu a botella que trouxera baleira da casa, desta vez con aceite usado, lista para ir a parar a un dos contenedores distribuídos pola cidade. O seguimento da actividade foi moi satisfactorio, como mostran as seguintes imaxes, recollidas nos días seguintes.