Xornada ConCiencia: biotecnoloxía
Xornada ConCiencia para o alumnado de Bacharelato de Salesianos.
Conferencia amena de D. Francisco Omil Prieto, catedrático do departamento de Enxeñería Química da USC.
Contidos adaptados sobre a Biotecnoloxía, os seus tipos e as súas aplicacións, contextualizada no ámbito universitario e profesional de Galicia. De gran utilidade para o alumnado participante, que amosou interese e fixo unha manchea de preguntas encaminadas a aclarar a súa elección de estudos universitarios.