
Xornada ConCiencia con… Xavi Fonseca
Salesianos síntese honrado en ser escollido polo programa Voz Natura para impartir unha interesantísima conferencia de Xavier Fonseca, titulada «Desinformación, un problema para entender y afrontar el cambio climático», que se desenvolveu na aula magna do centro, á que asisitiu o alumnado da materia de Bioloxía.
Xavier Fonseca é periodista científico de La Voz de Galicia e douttor do Programa Medio Ambiente e Recursos Naturais da Universidade de Santiago de Compostela, USC. Tamén é creador de «Historias del tiempo»: https://www.youtube.com/playlist?list=PLUpt5_hvG-CpkRAosVfBFdxm4Mhe_g5vz e coñece moi ben a Antártida.
Acompañaron a Xavier Fonseca Nazareth Díaz, coordinadora de Voz Natura, e Alejandro Díaz, portavoz do comité científico deste programa.
