Xornada ConCiencia: Mesa Redonda «Cambio Climático»
Nova Xornada ConCiencia de moita altura en Salesianos. Nesta ocasión en formato mesa redonda, sobre CAMBIO CLIMÁTICO.
Interviron:
– Eduardo J. González Clavijo, geólogo.
– Marisela Des Villanueva, doctora en ciencias marinas.
– Manuel Souto Herrero, doctor ingeniero de montes.
Os poñentes achegaron a realidade do cambio climático desde distintos enfoques científicos: a paleoclimatoloxía, o estudo estatístico e a dendrocronoloxía.
O moderador da mesa (Alejandro Díaz Sueiro, coordinador do programa Voz Natura) animou ao alumnado de Bioloxía de 4º ESO e de 1º BAC) a participar comentando as súas impresións e inquedanzas, asemade de trasladar as súas dúbidas aos poñentes.
Unha actividade moi completa no marco da celebración dos 25 anos do programa de educación ambiental Voz Natura e dos 10 anos do proxecto ambiental NaturezAula.